martes, 17 de abril de 2018

EXPEDICIÓN BALMIS

Grazas a Teresa, a nosa compañeira de Filosofía, puidemos contactar coa profesora Sinda Cundíns que dirixiu unha obra de teatro sobre a expedición Balmis co alumnado de 6º de Primaria do CEIP de Baio "Labarta Pose".
Como unha auténtica expedición chegou a compañía ao instituto capiteaneada polas súas profes para facernos desfrutar da maxia do teatro. O traballo é realmente fermoso, unha obra musical informativa e lúdica coa que o noso alumnado desfrutou moitísimo.
E para rematar este día, nada mellor que unha boa chocolatada!


 





A verdade é que o fixeron fantástico! 
Moitas grazas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario