Blog da Biblioteca do IES Manuel Murguía (Arteixo) Trátase dun blog onde o alumnado pode consultar os proxectos da Biblioteca e participar activamente co seu traballo e os seus comentarios.
Categorías
CLUB DE LECTURA
(11)
CONCURSOS
(11)
CONMEMORACIÓNS
(18)
DEFINICIÓNS
(3)
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
(1)
EDLG
(2)
EXCURSIÓN
(1)
EXPOSICIÓNS
(36)
FOTOS
(11)
LECTURAS NA BIBLIOTECA
(12)
MATEMÁTICAS RECREATIVAS
(8)
NOVAS
(11)
PELÍCULAS
(1)
PROXECTOS
(54)
RECITAIS
(2)
recitais recomendacións
(3)
RECOMENDACIÓNS LIBROS
(44)
RECOMENDACIÓNS PELÍCULAS
(5)
SAÍDAS
(6)
SECCIÓN ANPA
(2)
TRANSFORMACIÓNS
(38)
VIDEOS
(21)
VIOLENCIA DE XÉNERO
(4)
VISITA ESCRITORES
(9)
VISITAS ESCOLARES
(4)
martes, 30 de xaneiro de 2018
IMOS AO CINE
De camiño ó cine para ver Wonder |
Todos felices |
Unha frase para pensar |
Pois estamos de acordo!! |
soache? |
Outro pensamento que pode axudar a elexir. Na biblioteca escollemos ser amables. E ti? |
Esta é unha película baseada nun libro que temos na biblioteca e que o clube de lectura leu nesta avaliación coa profesora Ana Barral. |
luns, 29 de xaneiro de 2018
Vídeo d@s bibliotecari@s
AQUÍ TEDES UN VÍDEO GRABADO NO INSTITUTO POLOS BIBLIOTECARIOS.
BASÉASE NUN TEMA DO RAPERO CHOJÍN . É UNHA INVITACIÓN A PENSAR.
venres, 26 de xaneiro de 2018
Presentación do proxecto transformación. CURSO 2017/18
por que transformacións?
O proxecto deste novo curso na biblioteca xorde do libro O marabilloso mundo de Oz de J. Franklin Baum.
Imos primeiro falar da obra para que poidades entender cal é a nosa proposta.
SINOPSE:
Dorothy e o seu can Totó son arrastrados por un ciclón dende a súa casa de Kansas ata un país fantástico. Alí, perseguida por unha bruxa, desexa voltar ao seu país e para poder facelo ten que chegar á Cidade Esmeralda onde vive un mago que poderá axudala. Emprende entón unha viaxe na que atopará personaxes moi curiosos: un espantallo que non ten cerebro, un home de folla de lata que non ten corazón e un león que carece de valor.Todos eles acompañarán a Dorothy na súa viaxe porque pensan que o mago de Oz poderá outorgarlles aquilo que ansían ter: un cerebro para poder pensar, un corazón para poder amar e valor para deixar de ser un covarde.
Cando finalmente visitan ó Mago de Oz este resulta ser un fraude: ningún deles recibirá os atributos pedidos porque no fondo todo o que buscaban, perseguindo a maxia de Oz, estaba xa no seu interior pero ignorábano.
personaxes do Mago de OZ |
E agora, pensa un pouco no significado do libro:
TODOS BUSCAMOS O QUE SEGURAMENTE XA ESTÁ DENTRO DE NÓS. NON TEMOS QUE ATOPAR MAGO NINGÚN. POSUIMOS CEREBRO,CORAZÓN E VALOR. ESTA É A CHAVE DA NOSA TRANSFORMACIÓN: RECOÑECER O QUE XA TEMOS E APROVEITALO PARA
- PENSAR DE MANEIRA CRÍTICA.
- SENTIR QUE A POESÍA PODE CAMBIAR O XEITO DE MIRAR O MUNDO
- SER VALENTES AÍNDA SABENDO QUE PODEMOS CAER
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)